Avda. de Cervantes s/n
(xunto ao claustro de San Francisco)
C.P. 27850
Viveiro, Lugo


T.+ 34 982 570 628
T. +34 982 563 613
F. +34 982 570 201

Funcións principais

- O obxectivo desta oficina é mellorar a comunicación da comunidade lucense co exterior, de xeito que se poidan establecer canles de información que permiten resolver moitas veces pequenas cousas para os lucenses que tiveron que emigrar. É o caso das herdanzas, cemiterios, partidas de nacemento, etc. Ademais, e isto é moi importante, presta tanto información económica como dos posibles investimentos na provincia.

- O programa de actuación actividades para promover o axuste social e integración na comunidade. Esta actividade está dirixida a axudar a paliar ese descoñecemento do funcionamento da nosa sociedade. A oficina levará a cabo actuacións coordinadas coas diferentes administracións (Estado, Xunta, Subdelegacións, etc), institucións, axentes sociais e entidades privadas.

- Outro dos servizos que prestará é a orientación ó emigrante retornado. O obxectivo de esta actividade é poñer en coñecemento deste grupo todos os recursos a nivel local, autonómico e estatal os que pode ter acceso.

- Pero a oficina tamén traballará con aqueles emigrantes ou fillos destes que permanecen no país de acollida, xa que un dos problemas cos que se atopa este grupo é que en moitas ocasións necesitan certificados do rexistro civil do Concello para levar a cabo tramitacións burocráticas no país no que se atopan.

- Desde a oficina tamén se pretende seguir levando a cabo un programa de Intervención socioeducativo-familiar co obxectivo de facilitar ó máximo a integración social e mellorar a calidade de vida das familias extranxeiras, ofertando, ademais, programas educativos de reforzo no eido escolar.

- É tamén obxectivo da oficina facilitar as ferramentas tanto a nivel social como laboral para unha integración efectiva da muller inmigrante na nosa sociedade, porque sabemos que a integración da muller leva consigo a integración da familia, xa que son en moitos casos o piar fundamental do núcleo familiar.

- Asimesmo, desenvolveranse actividades ou proxectos que incidirán na promoción da formación da muller, no apoio tanto a nivel social como laboral para elas e as suas familias e na educación para a saúde, ademais do fomento do emprego e a súa inserción laboral co obxectivo evitar a exclusión social.

- Desde a oficina tamén se desenvolverán programas de reforzo dos recursos organizativos e humanos dos servizos sociais de atención primaria para atender os factores socioculturais da poboación inmigrante.